<< En Castellano

HotelNeste paradisíaco lugar poderá disfrutar de marabillosas vistas, descansar nas súas tranquilas praias, visita-los diversos castros celtas emprazados nos arredores, o entorno natural do cabo Vilán e a ensenada de Trece.

Poderá visitar monumentos como o Cemiterio dos Ingleses ou o Museo do Alemán (en Camelle), e indagar na historia e abondosas lendas propias desta zona costeira.

Asimesmo terá a posibilidade de descubri-la artesanía típica da zona no Centro de Promoción do Encaixe e no Museo do Encaixe de Camariñas, onde se expoñen soberbias creacións de panos, manteis, lenzos ...

Vista Exterior
Interior Cafetería
Vista Barra
Vista Praia

Neste acolledor local poderá disfrutar da gastronomía típica da zona, dende os seus famosos mariscos ata as máis exquisitas carnes, sen esquezernos dos seus preciados peixes.

Cociña Apartamentos
Vista Apartamentos
Salón Apartamentos
Habitación
Baño
Habitación

Ademais,se desexa quedar a disfrutar das marabillosas paisaxes desta magnífica costa ten a posibilidade de aloxarse no lugar, xa que a Cafetería Lobeiras conta con servizo de aloxamento
en habitacións e/ou apartamentos, dotados de calefacción.

Teléfono: 665916726
Poñemos a súa disposición a guía da COSTA DA MORTE, axenda de actos actualizada, historia, espacios naturais, novas, mapas, o tempo, web-cam, etc.
web Costa da Morte